INFORMÁTICA: DESEÑO DE CARTEIS E FOLLETOS (SCRIBUS) (13-30 anos)

Explicarase o manexo dun programa para o desejo de carteis, folletos e outros formatos de impresión. Scribus é un software libre e gratuito co que poderemos crear deseños artísticos máis aló do que permite outro tipo de software como os procesadores de texto ou de maquetacións, pero sen as especializado de deseño gráfico.

REQUISITOS: coñecementos básicos de informática

PREFERENCIA: residentes no Concello de Pontevedra

IDADES: 13-30 anos (nacemento entre 2007 e 1990)

DATAS: MA-MÉ -XO do 21 de xullo ao 6 de agosto

HORARIO: 12:30-13:30

LUGAR: Pazo da Cultura

PRAZAS: 7

SOLICITUDES: a partir do 26 de xuño (ata cubrir nº máximo de solicitudes) en https://apuntate.pontevedra.gal

Tras cada solicitude, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado e fotocopia DNI participante).

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións así como a súa suspensión debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.

  • Datos persoais

  • Nados entre 2007-1990 inclusive
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal