DESCUBRINDO OS PEQUENOS HABITANTES DO PONTILLÓN DO CASTRO

A actividade está pensada como unha experiencia de descubrimento, curiosidade e contacto coa biodiversidade máis próxima. Adultos e menores acompañados poderán participar nun paseo guiado para descubrir libeliñas, bolboretas e escaravellos no seu propio medio. A través da observación directa, explicacións amenas e pequenas dinámicas adaptadas ao público familiar, aprenderemos a recoñecer estes animais, a comprender o seu papel na natureza e a mirar a contorna con outros ollos. Non fai falla ter coñecementos previos: só ganas de pasear, observar e deixar que a natureza nos sorprenda.

Data: domingo 28 de xuño
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: Zona de aparcamento próxima á Federación Galega de Piragüismo https://maps.app.goo.gl/j6ix8xazYQhFce316
Horario: de 11.00 a 13.00
Duración da actividade: 2 horas
Idades: adulto e cativada a partir de 5 anos
Prazas: 15 persoas
Imparte: Ecoplanin, Xestión e Información Ambiental SL

Recomendación

Calzado axeitado para camiñar polos sendeiros

Preinscrición

A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.

Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra neno ou nena interesada.

Formulario de inscrición

Este formulario xa está pechado. Rematou o prazo de solicitude.