
Data: Xoves 15 de xaneiro – 19:00
Lugar: Teatro Principal
Duración: 89 min
Nomeada como Mellor película de comedia nos Feroz 2026, esta longametraxe de animación é un acedo retrato do mundo ultracapitalista e salvaxe que nos rodea. Un moi coidado traballo que transmite no formal e no narrativo.
Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio esborrállase, a súa vida parécelle absurda e comeza a sospeitar que todo ao seu arredor é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold convéncese de que algo non encaixa. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara a algo que se pareza, aínda que sexa un pouco, á liberdade.
Formulario de inscripción
"*" Indica os campos obrigatorios