Curso “Seguridade informática e sinatura dixital”

Coñece a diferenza entre sinatura electrónica e sinatura dixital ademais de distintos tipos de certificados que existen e os seus usos.

Contidos:

Módulo 1. Firma Electrónica/Firma Dixital (10h) 1ª semana

Módulo 2: Tipos de Certificados (20h) 2ª semana

-Certificados de Servidor

-Microsoft Server Gated

-Certificados canalizadores

-Certificados de correo electrónico

-Certificados de valoración de páxinas Web

-Certificados de Selo, data e hora

Módulo 3: Sistemas de Seguridade na Empresa (20h) 4ª e 5ª semana

-Sistemas pasivos e reactivos

-Suplantación ou spoofing

Prazas: 14

Idades: a partir de 15 anos

Preferencia residentes no Concello de Pontevedra

Modalidade:  teleformación a través da plataforma www.campuscip.com

Duración: 50 horas. Dereito a diploma de asistencia

Datas: luns, mércores e venres, entre o 12 de abril e o 21 de maio

Horario: 17:00-20:00

SOLICITUDES:  tras o periodo de preinscrición, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado, autorización de menores de idade e fotocopia de DNI).

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións/cancelación debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.