CURSO DE PRÁCTICA POLÍTICA: COÑECE OS TEUS DEREITOS

  • Datos persoais

  • Prioridade mozas e mozos de 16 a 35 anos
  • Prioridade mozas e mozos do concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal

Conversa, práctica e revisión da nosa condición de suxeitos políticos. Incrementa a concienciación con respecto a onde se ubica a política e que partes da nosa vida se ven afectadas por esta. 

Cales son as Administracións e competencias que teñen, as diferentes áreas de goberno e cal é o noso papel como cidadanía.

Cales son os intereses reais da mocidade e a resposta política.

Quen lexisla e quen executa e controla?

Que é a “clase política”?

Información e ferramentas anti-fakes

Prazas: 15

Idades: a partir dos 15 anos

Modalidade:  presencial.

Duración: 8 horas

Datas: venres 15 e sábado 16 outubro

Horario: venres de 16:00-20:00 e sábado 10:00 a 14:00

Lugar: Casa Azul (rúa Sor Lucía 2)

SOLICITUDES:  tras o periodo de preinscrición, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación:  consentimento informado, autorización de menores de idade de ser o caso e fotocopia de DNI/NIE

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións/cancelación debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.