
Queres participar nas decisións da cidade, formulando e deseñando novas propostas, se estás en cuarto ou quinto de Primaria, apúntate!
O Concello de Pontevedra pon en marcha un Consello da Infancia para atender os intereses da infancia na nosa cidade porque unha cidade mellor para os nenos e as nenas será moi probablemente tamén unha cidade mellor para todos e en especial para sectores desfavorecidos.
A creación do Consello da Infancia de Pontevedra pretende formar parte do conxunto de iniciativas de participación cidadá que abre procesos complementarios aos convencionais.
Este programa porase en marcha o próximo curso escolar 25/26, se estás interesado/a en participar enche este formulario en liña.
Máis información: info@tallerabierto.gal
Formulario de rexistro
"*" Indica os campos obrigatorios