COÑECE OS CANTOS DAS AVES E FABRICACIÓN DE CAIXAS NIÑO

Unha das características que nos poden chamar máis a atención sobre as aves é a súa habilidade para emitir sons distintos. Ademais, na observación de aves, o recoñecemento dos seus cantos é unha ferramenta imprescindible para detectar a súa presenza, sobre todo no caso daquelas que habitan en contornas forestais ou de densa vexetación.

Os obxectivos fundamentais desta xornada son:

  • Poñer en valor ás aves dos espazos naturais (parque forestal da Tomba) e iniciar aos participantes no mundo da ornitoloxía.
  • Aprender a recoñecer as aves máis comúns a través dos seus cantos.

As persoas participantes fabricarán unha caixa niño como agasallo da actividade.

Data: Sábado 27 de xuño
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: Punto de encontro 42°26’49.7″N 8°39’38.1″W
https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58
Horario: de 10.30 a 13.30 h
Duración da actividade: 3 horas
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada a partir de 6 anos
Prazas: 20 persoas
Imparte: Corticata
Material: levar roupa que se poda manchar

Recomendación

Roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, auga, comida ou merenda se o precisa, prismáticos.

Preinscrición

A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.

Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

Formulario de inscrición

Este formulario xa está pechado. Rematou o prazo de solicitude.