Coloquio: Guía de coidado de plantas para principiantes “Menos drama, máis plantas”

Charla sobre o coidado das plantas de interior, dirixida a todas aquelas persoas que desexen iniciarse ou mellorar os seus coñecementos sen complicacións. Abordaranse aspectos fundamentais como a luz, a rega, a situación axeitada e os erros máis habituais, ofrecendo ferramentas sinxelas para comprender as necesidades reais de cada planta.
Cada persoa asistente recibirá unha guía personalizada de coidados baseada nos contidos tratados durante a sesión e levará unha mini planta de agasallo.

Data: domingo 31 de maio
Lugar: Mercado Municipal de Pontevedra (rúa Serra 5). 1º andar
Horario: de 12.00 a 13.30 h
Duración da actividade: 1 hora e media
Dirixida a: público xeral
Prazas: 50
Imparte: Plántate, especialistas en plantas de interior

Preinscrición

A través dos formularios online sete días antes do desenvolvemento de cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.

Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

Formulario de inscrición

Este formulario aínda non está dispoñible.