CLUB DE LECTURA FEMINISTA O SOFÁ VIOLETA

O sofá violeta é un club de lectura feminista coordinado desde o Centro de Información á Muller de Pontevedra para fomentar a lectura e abrir unha canle de debate con perspectiva de xénero entre mulleres das distintas zonas do municipio. Os títulos abordarán de maneira accesíbel para todos os niveis de lectura distintas problemáticas de temática feminista, de maneira directa ou transversal, e desde distintas modalidades de escrita: narrativa, ensaio, poesía ou banda deseñada.

No 2026 proponse a lectura de Ítaca de María Besteiros (N), Cartas de amor a un hijo que no me ama de Vicky Estévez (P), Por qué Asunta de Inma López Silva (E), Deixe a súa mensaxe despois do sinal de Arantxa Portabales (N), Non penses nun elefante rosa de Antía Yáñez (N), O corpo de Cristo de Bea Lema (BD), Las trampas de la pornografía de Priscila Retamozo, Chis Oliveira e Amada Traba (E) e As horas mortas de Emma Pedreira (E).

Tras a lectura de cada libro realizarase unha primeira reunión de posta en común entre as lectoras de cada colectivo adscrito ao club e logo un encontro común coa autora (agás no caso de O Corpo de Cristo, no que só se realizará a primeira reunión).

**Non é necesario que cubran o cuestionario as persoas que xa forman parte dalgún colectivo de mulleres adscrito ao Sofá violeta.

Formulario de inscripción

"*" Indica os campos obrigatorios

Enderezo*
Data nacemento*
(cubrir só se quere asistir a un encontro concreto pero non formar parte do club)
Autorización*
Dou o meu consentimento para a gravación de imaxes de vídeo e a toma de fotografías durante o transcurso da actividade. Estas imaxes serán utilizadas para a difusión da actividade e poderán ser cedidas a medios de comunicación expresamente autorizados co único fin de dar a coñecer dita actividade.
Política de Privacidade*
Responsable: CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE PONTEVEDRA
Finalidade: Asistencia ás actividades que promove o Concello de Pontevedra
Dereitos: Acceso, rectificación, limitación do tratamento, supresión, portabilidade e oposición/revogación e a presentar reclamación ante as autoridades de control, así como outros dereitos, a través da sede electrónica na sección “Dereitos sobre Protección de Datos”

Igualmente e de acordo co que establece a Lei 1/1982, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, solicitamos o seu consentimiento explícito para utilizar as imaxes captadas mediante fotografías e/ou vídeos realizados pola nosa entidade, coa finalidade de utilizalas para difundir as actividades do CIM a través das redes sociais do Concello de Pontevedra.
AVISO IMPORTANTE
Esta é unha solicitude de participación. En breve porémonos en contacto con vostede para confirmar a súa reserva.