CÍRCULO DE MIMOS (3)

Espazo de encontro para xestión emocional e autocoidado, con dúas facilitadoras.  Terá lugar un luns ao mes e con  posibilidade de seguimento emocional telefónico. Ven a compartir.

Prazas: 15 (mozas e mozos, mixto)

Idades: 17-25 anos

Modalidade: presencial, mais se a situación de pandemia actual o require, pasará a formato on line a través de plataforma Zoom.

Data: 10 de maio (1 sesión mensual. A inscrición deberá realizarse cada mes)

Horario: 18:00-19:30

Lugar: Local de Música municipal

SOLICITUDES:  tras o periodo de preinscrición, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado, autorización de menores de idade e fotocopia de DNI).

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións/cancelación debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.