cabeceira Apuntate, cor branco

Obradoiro familiar: Cidade e mobilidade

O PMUS (Plan de mobilidade urbana sostible) é o conxunto de medidas relacionadas coa mobilidade que resultan da esixencia de cumprir normativas sobre cambio climático e transición enerxética. A mobilidade afecta a toda a poboación e é necesaria que a súa planificación satisfaga as necesidades de todas as persoas.

O Concello de Pontevedra atópase redactando o seu plan e precisa da participación cidadá para coñecer o parecer da veciñanza sobre as medidas adoptadas.

Actividade de balde. Prazas limitadas con inscrición previa.

Neste proceso proponse unha actividade de tipo familiar na que se se falará de cidade, espazo público e mobilidade nunha proposta lúdica na que nenas e nenos serán protagonistas. Cada nena/o poderá participar acompañada/o dun ou dous adultos onde farán un percorrido a pé ou bicicleta por distintos espazos da cidade promovendo a observación e o paseo consciente e a mobilidade activa.

  • Datas e horario:
    • 18 de xuño de 11 a 13h
    • 2 de xullo de 11 a 13h
  • Lugar: Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
  • Duración: 120 minutos
  • Destinatarios: Público familiar (nenas e nenos a partir de 6 anos)

Solicitude de participación

"*" indica os campos obrigatorios

Nome e apelidos do/a persoa responsable (pai/nai)*
Nome e idade do/a neno/a*
Nome completo
Idade
 
Data do obradoiro*
Selecciona a data para confirmala.
Tratamento de fotos e vídeos*
Consentimento ao tratamento de datos*
AVISO IMPORTANTE
Esta é unha solicitude de participación. Porémonos en contacto con vostede para confirmar a súa reserva.
Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.