Entre fontes e lavadoiros, un lugar onde atoparnos


A Mesa de Valdecorvos e Vaipolorío organizan, en colaboración co Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, A Pedreira e Boa Vila, O Ciclo As Lavandeiras.
Este ciclo comeza domingo 8 de novembro coa exposición Entre fontes e lavadoiros, un lugar onde atoparnos, que abrirá as portas ás 12:30 no Local parroquial sito na rúa C. Gómez nº4, da artista Xoana Abraira. Ese mesmo día, ás 17:00 haberá un falafoiro a cargo da mesma artista e de Adela Lubiáns e Amelia Lubiáns.
A amentada exposición trasládase á Casa das Campás entre os días 9 e 20 de novembro onde o martes 10 ás 19:00 Eva Mejuto lerá a conferencia As Lavandeiras de San Simón: Mulleres e redes de axuda.

Precísase inscrición previa para participar no faladoiro e conferencia.

Solicitude de participación

"*" Indica os campos obrigatorios

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Asistirei os días*
Política de Privacidade*