CELEBRACIÓN DA NOITE EUROPEA DOS MORCEGOS (a partir 8 anos)

Máis un ano, compartiremos esta xornada con especialistas no estudo destes mamíferos. Veremos como os capturan e estudan para desmitificar falsas lendas que se lles atribúen. Escoitarémolos a través de aparatos de ultrasóns.

A QUEN VAI DIRIXIDO: preferentemente á mocidade do municipio de Pontevedra. No caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (terán preferencia os concellos limítrofes) e doutras idades a través das correspondentes listaxes de agarda.

IDADES: a partir de 8 anos. AVISO: menores de idade deberán inscribirse con algunha persoa  adulta acompañante

DATA:  sábado 28 agosto

HORARIO:  21:00-23:00

LUGAR: senda rural do río Gafos 

PRAZAS: 15

IMPARTE: Asociación Drosera para Estudo e Conservación do Medio Natural

PROMOVE:  Asociación Vaipolorío

PRE-INSCRICIÓN: a través dos formularios on line a partir do 15 de xuño. Tras a fase de pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición.

INSCRICIÓN:  das persoas admitidas coa entrega da seguinte documentación: 

– Consentimento informado, autorización e copia DNI da persoa participante

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que  pedimos o voso compromiso coa asistencia.

AVISO IMPORTANTE PARA TODAS AS ACTIVIDADES:  programación suxeita á evolución da situación sanitaria. As actividades poderán sufrir modificacións, así como incluso a súa cancelación.  

INFORMACIÓN E SOLICITUDES:

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra

ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA: de luns a venres de 9:00 a 14:00 

Casa da Luz, pza da Verdura, s/n, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.gal  

https://xuventude.pontevedra.gal 

https://apuntate.pontevedra.gal/xuventude

O formulario de SOLICITUDE abrirase a partir do 15 de xuño e ata cubrir o número máximo de solicitudes