CELEBRACIÓN DA NOITE EUROPEA DOS MORCEGOS (13-30 anos)

Máis un ano, compartiremos esta xornada con especialistas no estudo destes mamíferos. Acompañarémolos na captura e estudo dos morcegos para desmitificar falsas lendas que se lles atribúen. Escoitarémolos através de aparatos de ultrasóns.

PREFERENCIA: residentes no Concello de Pontevedra

IDADES: 13-30 anos

REQUISITOS: menores de 18 debera* n asistir en compan0 í*a dalgunha persoa adulta

DATA: 29 de agosto

HORARIO: 21:00-23:00

LUGAR: sendeiro do río Gafos

PRAZAS: 15

SOLICITUDES: a partir do 29 de xullo (ata cubrir nº máximo de solicitudes) en https://apuntate.pontevedra.gal

Tras cada solicitude, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado e fotocopia DNI participante).

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións así como a súa suspensión debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.

O formulario de SOLICITUDE abrirase un mes antes, o 29 de xullo e ata cubrir o número máximo de solicitudes (50)