
Explicación no parque forestal, identificando especies representativas, usos recreativos (paisaxe e sendeirismo), servizos ecosistémicos (fixación de carbono, prevención da erosión e a contaminación, acollida de biodiversidade, regulación do ciclo da auga), patrimonio cultural e etnográfico, ameazas e boas prácticas ao respecto.
Obradoiro práctico: carnívoros do noso monte. Busca de indicios (pegadas, restos de comida, pelos, tobos…). Reprodución de pegadas en arxila e confección de maquetas de foxo do lobo tradicionais. Coloquio arredor das funcións ecolóxicas destes animais, do seu estado de conservación e as posibilidades de convivencia co gando e a poboación rural.
Data: Domingo 31 de maio
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 11.00 a 13.00 h
Duración da actividade: 2 horas
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada a partir de 9 anos
Prazas: 25 persoas
Imparte: Manuel Domínguez (Ventos – Estudos Ambientais)
Recomendación
Levar gorra, crema solar, pantalón longo e/ou pulverizador repelente, calzado cómodo de sola rugosa. Lupas e prismáticos opcionais.
Preinscrición
A través dos formularios online por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.