CAMPAMENTO URBANO ”KAMISHIBAI”: CONTOS NA RÚA (8-12 anos)

Kamishibai en xaponés quere dicir “teatro de papel”, unha maneira de contar contos de xeito ilutrativo e cunha importante carga de interpretación dramática. Pontevedra é unha vila con vida de rúa, de prazas, de recunchos cheos de Historia, é o decorado perfecto para deixar voar a imaxinación.

PREFERENCIA: residentes no Concello de Pontevedra

IDADES: 8-12 anos (nacemento entre 2008 e 2012)

DATAS: do 3 ao 7 de agosto

HORARIO: 9:30-13:30

LUGAR: Pazo da Cultura e espazos libres da cidade

PRAZAS: 7

SOLICITUDES: a partir do 26 de xuño (ata cubrir nº máximo de solicitudes) en https://apuntate.pontevedra.gal

Tras cada solicitude, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado e fotocopia DNI participante).

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións así como a súa suspensión debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.

  • Datos persoais

  • Nados entre 2008-2012 inclusive
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal