Actividade de orientación con mapa.
A orientación con mapa é unha actividade moi divertida e completa que une o deporte coa natureza. Consiste en atopar unha serie de balizas (ou marcadores) dispostas sobre unha área determinada nunha contorna natural utilizando unicamente un mapa da zona e un compás.
Independentemente da actividade física realizada, as xincanas de orientación son actividades onde ademais se fomentan valores como o compañeirismo e o traballo en equipo e, dado que se desenvolven no medio natural, o respecto pola natureza.
Como iniciarse nas carreiras de orientación. Iniciarse nas carreiras de orientación é moi sinxelo, tan só necesitades ter un mapa da zona, un compás e moitas ganas de vivir unha aventura Tras unha pequena explicación por parte do monitorado, as persoas participantes –equipados cun mapa e un compás– terán que ser capaces de atopar as balizas ocultas e resolver as probas.
- Data: domingo 25 de maio
- Lugar: A Tomba
- Punto de encontro: 42°26’49.7″N 8°39’38.1″W. maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58.
- Horario: de 10.00 a 13.00 h
- Duración da actividade: 3 horas
- Actividade: familiar
- Idades: adultos e cativada a partir de 8 anos
- Prazas: 25 persoas
- Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
- Material: roupa adecuada en función do clima e o terreo e ganas de pasalo ben.
Recomendacións:
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra neno ou nena interesada.