
Os parques forestais de Pontevedra, transfórmase nun escenario de xogo e descubrimento. A través de dinámicas de grupo, enigmas e probas, os participantes percorrerán os seus carreiros mentres desvelan historias, curiosidades botánicas e segredos da paisaxe. Cada punto do percorrido expón un desafío: lóxica, orientación, memoria, destreza… Todo deseñado para fomentar a colaboración, o pensamento estratéxico e a conexión coa natureza. O obxectivo final: reunir as pezas do quebracabezas que revelan a localización do tesouro simbólico.
Data: domingo 21 de xuño
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 17.00 a 19.00 h
Duración da actividade: 2 horas
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada a partir de 6 anos
Prazas: 25 persoas
Imparte: Corticata
Recomendación
Roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, auga, comida ou merenda se o precisa, prismáticos.
Preinscrición
A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.
Formulario de inscrición
"*" Indica os campos obrigatorios