Bótalle un conto 2026

Se tes un conto que contar, anímate a participar.

Que é?
Un concurso de contos orais en galego.

Como vai?
Realizaremos as gravacións en vídeo en diferentes locais sociais.
Vai ensaiando o teu conto, pois debe ter unha duración máxima de 4 minutos.

Onde me inscribo?
Ata o 5 de novembro,
neste formulario ou chamando ao 651 720 350
Horario de 9 a 14 h

Cando será?
Cando te inscribas, acordaremos contigo unha das datas que temos dispoñibles entre outubro e novembro.

Quen vai gañar?
O vídeo que gravemos co teu conto será enviado a un xurado especialista. Os contos seleccionados participarán na final o sábado 12 de decembro.

Que podo gañar?
Os catro contos máis votados terán os seguintes premios:

  • Unha cea para dúas persoas, no caso de concursantes maiores de 18 anos.
  • Un vale para gastar no comercio local en libros e material en galego, de ser concursantes menores de 18 anos.

Formulario de participación

Este formulario xa está pechado.