Obradoiro de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas

Cartel Autodefensa para mulleres Concello de Pontevedra

Monitorado por Manuel Herbón Arias, especialista en Defensa Persoal Feminina e instructor de Forzas e Corpos de Seguridade.

Este obradoiro está deseñado como forma integral de empoderamento ante situacións de risco, comprendendo un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións.

Xa se fixo en anos anteriores con moi bos resultados e unha alta valoración entre as participantes.

Actividade de balde aberta a mulleres maiores de 16 anos.

HORARIO: de 10.00 a 20.00 (con descanso de 14.00 a 16.00)
DATA: sábado 19 de novembro de 2022
PRAZAS: 20
SOLICITUDES: ata o 17 de novembro

Formulario de pre-inscrición

Este é un formulario de pre-inscrición aberto ata o 17 de novembro. Posteriormente contactarase coas seleccionadas para confirmar inscrición.