Se queres participar nunha cantada colectiva co teu alumnado de 5º e 6º de EP, sigue a ler e inscríbete neste formulario.
Esta iniciativa parte dos equipos de dinamización da lingua galega co CEIP A Xunqueira 1 e CEP Campolongo; está dirixida ao profesorado e alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros de ensino do concello de Pontevedra. A proposta consta de dúas fases:
Primeira fase:
Para realizar no centro educativo e coas familias: trabállanse seis cantigas populares galegas e o himno. Aconséllase repartir as estrofas por equipos de aula para aprendelas. Invítase a que canten en familia as cancións seleccionadas. Na materia de Lingua Galega e Literatura pódense empregar os textos para traballar gramática e vocabulario. En Ciencias Sociais, localizar municipios. Aconséllase levar a cabo audicións no centro nas que o alumnado poida gozar deste tipo de música.
Segunda fase:
Consistirá en cantos colectivos en dúas prazas de Pontevedra; o luns 11 de maio, de 12 a 13 horas. Con antelación comunicarase o punto de encontro, o percorrido e que cancións se cantan en cada praza. Para isto debes inscribirte.
Cantigas para traballar:
- A saia da Carolina: Ir á ligazón
- O galo: Ir á ligazón
- Foliada de Pontevedra: Ir á ligazón
- Catro vellos mariñeiros: Ir á ligazón
- Xa fun a Marín: Ir á ligazón
- A rianxeira: Ir á ligazón
E o Himno Galego: Ir á ligazón
Este formulario estará aberto ata o venres 17 de abril.
Anímate a participar!
Máis información:
CEIP A Xunqueira 1, coordinadora do EDLG
665 50 41 16
CEP Campolongo, coordinadora do EDLG
622 02 56 44
Formulario de inscrición:
Este formulario xa está pechado!