Un país de festas e ritos
Dentro do programa APEGO, Un país de festas e ritos propón un achegamento en familia ao patrimonio das nosas parroquias e aos ritos e crenzas que rodean as festas. Seguiremos o ciclo festivo ritual do ano para achegarnos a algunhas das festas máis significativas do noso concello. Aproveitando o noso patrimonio oral e fomentando o uso da lingua galega, desenvolveremos a creatividade e a imaxinación nunha actividade de aprendizaxe conxunta interxeracional.
A quen está dirixido: A familias con nenas e nenos de 3 a 6 anos.
En que consiste: As 16 sesións teñen contidos distintos pero as inscricións son independentes.
Tempo estimado para cada sesión: 90 minutos
Cada sesión abranguerá:
- Unha charla didáctica a cargo do antropólogo Rafael Quintía, de Ab Origine Antropoloxía, sobre unha das festas do ciclo ritual do ano de especial relevancia nesa parroquia. Dependendo do lugar, poderá completarse cun pequeno percorrido interpretativo polo espazo natural ou patrimonial.
- Un conto relacionado coa festa ou co rito presentado
- Un obradoiro de debuxo guiado. As actividades creativas e contacontos correrán a cargo de Carlos Taboada e Enrique Mauricio, de Polo Correo do Vento.
Onde e cando:
- O ciclo estrutúrase en 16 sesións, 15 nas parroquias e outra na cidade

Outra información de interese:
Recoméndase levar auga, calzado e roupa axeitada para actividades no exterior; tamén unha mantiña ou esteira para sentar no chan.
Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas.
Para anular ou modificar a solicitude: normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Programa de actividades
As inscricións abriranse por quendas.
5 febreiro. Festas ígneas do inverno: fachóns e candeloria. Ás 12 h en Ponte Sampaio, Illa de Medal ou Insuíña.
12 febreiro. O Entroido: significado, ritos e personaxes. Ás 12 h en Marcón, área de lecer da Chan da Parafita. Monte da Fracha.
5 marzo. Os ritos de comensalidade: xantares, banquetes, comidas e papatorias rituais. Ás 12 horas en Salcedo, adro da Igrexa.
26 marzo. Mitos e ritos da romaría de san Cibrán. Ás 12 h en Tomeza, capela de San Cibrán.
15 abril. Semana santa: plantas máxicas, lume novo e augas milagreiras. Ás 17 h en Alba, capela de San Caetano.
29 abril. O ciclo dos maios: o espertar da natureza. Ás 17 h en Mourente, miradoiro de Mourente.
27 maio. O corpus: danzas, máscaras e dragóns. Ás 18.30 h en Cerponzóns, adro da igrexa de San Vicenzo.
10 xuño. A festa de san Xoán: ritos e tradicións dunha noite solsticial. Ás 18.30 h en Xeve, adro da igrexa de Santo André.
30 setembro. Santiaguiño do Burgo: o mito de Santiago en Pontevedra. Ás 18.30 h en Pontevedra, ponte do Burgo, na banda do Burgo.
21 outubro. A romaría de san Bieito: romaxes, curacións e santos policlínicos. Ás 12 h en Lérez, adro do mosteiro de San Salvador.
28 outubro. A festa de defuntos e a noite dos calacús. Ás 12 h en Lourizán, área recreativa do Regueiriño.
4 novembro. A matanza: comidas rituais e crenzas sobre o porco en Galicia. Ás 12 h en Verducido, encoro do Pontillón do Castro.
12 novembro. O tempo dos seráns e fiadeiros. Ás 12 h en Campañó, parque forestal do Monte Tomba.
25 novembro. O magosto. Ás 12 h en Santa María de Xeve, parque do centro cultural.
16 decembro. O Nadal: mitos e crenzas. Ás 12 h na Canicouva, adro da igrexa de Santo Estevo. Cama do santo.
17 decembro. O Nadal: ritos e tradicións. Ás 12 h en Bora, adro da igrexa de Santa Mariña.