APEGO – Un pobo con historia de seu

Banner formulario pobo de seu

A historia de Galicia desde a Prehistoria ata o século XIX é o fío condutor dunha serie de actividades familiares lúdico-formativas, ideadas e guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine para o programa Apego. Desenvolveranse ao longo do ano en distintas parroquias e localizacións do concello de Pontevedra, en lugares de doado acceso para as familias e que dean a coñecer o noso patrimonio.

Trátase de actividades de hora e media de duración que constan dunha pequena explicación didáctica sobre unha determinada etapa histórica, un obradoiro creativo no que se confeccionará un obxecto relacionado coa etapa que se traballe, un contacontos e un obradoiro de debuxo guiado, con acompañamento musical de Marcelo Dobode.

As xornadas están pensadas e adaptadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía e a historia da cultura propia dunha maneira interxeracional e lúdica, ao tempo que se fomenta o uso da lingua entre as crianzas.

Todas as actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Para anular ou modificar a solicitude podes escribir a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu.

Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.

Programa de actividades

SÁBADO 15 DE MARZO
O Paleolítico: en tempos das cavernas, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia á época paleolítica a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h na eira da Casa do Pobo de Cerponzóns

SÁBADO 26 DE ABRIL
O Neolítico: a chegada da agricultura, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia á época neolítica a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no adro do mosteiro de Lérez

SÁBADO 10 DE MAIO
A Idade dos Metais: o tempo dos megálitos, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia ao megalitismo a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h na área de lecer Chan da Parafita (Monte da Fracha)

SÁBADO 7 DE XUÑO
A Idade de Bronce: o mundo dos petróglifos, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia ao mundo dos petróglifos a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no parque da Casa Verde (Salcedo)

SÁBADO 21 DE XUÑO
A Idade do Ferro: a cultura castrexa, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Achegamento en familia á cultura castrexa a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo.
— De 11.30 h a 13 h no campo da festa da ermida de San Cibrán (Tomeza)

As actividades relacionadas cos oficios que podes ver no cartel teñen formulario de inscrición de seu.

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Teléfono: 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
snl.pontevedra.gal
instagram.com/lingua_pontevedra
facebook.com/apego.gal
apego.gal

Formulario de inscrición

  • (podedes aclarar o que queirades no cadro de observacións)
  • Indica as actividades por orde de preferencia

    No caso de non querer asistir a todas as propostas, podes deixalas en branco.
  • Aviso importante

    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 863 157
  • Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.