cabeceira Apuntate, cor branco

Apego na primavera 2024

banner Apego primavera 2024

Xa está lista a programación do Apego para esta primavera en Pontevedra! Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Para anular ou modificar a solicitude: normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.

Programa de actividades

ARROLAR, coa Fundación Legar
Para familias con crianzas ata 15 meses
Sesión para aprender arrolos e cantigas de berce como instrumento de relaxación e de creación de espazos de calma.
— De 17 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos

ARROLAR, coa Fundación Legar
Para familias con crianzas de 15 meses a 3 anos
Sesión para aprender arrolos e cantigas de berce como instrumento de relaxación e de creación de espazos de calma.
— De 18.30 h a 19.30 h na Cova dos Libros Fantásticos

CONTOS EN FAMILIA, con Cris de Caldas e Xabi do Camiño
Para familias con crianzas de 1 a 6 anos
Sesión de narración oral con acompañamento musical, exposición de libros e espazo para compartir en familia inquedanzas e experiencias relacionadas coa lectura.
— De 17.30 h a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos

PRENDE NO COLO, con Luís Prego e Samuel Soto
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos.
— De 17.15 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos

PRENDE NO COLO, con Luís Prego e Samuel Soto
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos.
— De 18.30 h a 19.15 h na Cova dos Libros Fantásticos

O MONICREQUE DO CONTO, con Marcos Dios
Para familias con crianzas de 4 a 6 anos
Obradoiro de construción dun monicreque de luva inspirado no personaxe dun conto para achegármonos á lectura desde o mundo da arte.
— De 17.30 h a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos

O GAITEIRO VERDE, coa Fundación Legar
Para familias con crianzas a partir de 5 anos
Obradoiro de creación de instrumentos ancestrais con materias primas naturais cos que aprender a acompañar cantigas.
— De 17.30 h a 19.30 h na Cova dos Libros Fantásticos

QUE VIVA O GALEGO!, con Migallas Teatro
Para familias con crianzas de 4 a 6 anos
Xornada de xogos na rúa e resolución de probas en familia para atoparlle a solución a un grave problema: o esmorecemento do galego!
— De 18 h a 19.30 h na alameda

FÍOS DO QUERER, con Cé Orquestra Pantasma
Para familias con crianzas de 0 a 4 anos
Sesión musical para xogar, cantar, bailar e explorar axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.
— De 17.30 h a 18.15 h nos xardíns do Doutor Marescot

OBRADOIRO DE CIANOTIPIA, con Alouette Machine
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Obradoiro de fotografía sen cámara para aprender a nomear e fotografar as plantas da nosa contorna.
— De 10.45 h a 12 h na praia fluvial do Lérez

OBRADOIRO DE CIANOTIPIA, con Alouette Machine
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Obradoiro de fotografía sen cámara para aprender a nomear e fotografar as plantas da nosa contorna.
— De 12.15 h a 13.30 h na praia fluvial do Lérez

BRINCADEIRA MIUDIÑAS, con Cé Orquestra Pantasma
Para familias con crianzas de 0 a 6 anos
Xornada de música, xogos tradicionais, obradoiro de creación libre e espazo para bebés, onde descubrirmos outras formas de xogar en familia, coa natureza como espazo para o xogo, o lecer e a felicidade.
— De 17 h a 19 h na illa do Covo

As actividades relacionadas cos oficios que podes ver no cartel teñen formulario de inscrición propio

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra

Formulario de inscrición

"*" indica os campos obrigatorios

Estades inscritos/as no programa Apego en Pontevedra?*
Nome do/s adulto/s que ides asistir (máximo dous)
(podedes aclarar o que queirades no cadro de observacións)
Datos das crianzas
Nome (ou nome previsto)
Data de nacemento (ou data prevista)
 
Enderezo electrónico*
Enderezo postal

Indica as actividades por orde de preferencia

No caso de non querer asistir a todas as propostas, podes deixalas en branco.
Política de Privacidade*

Aviso importante

Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 863 157
Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.