Apego na primavera 2023

Banner APEGO primavera 2023

Xa está lista a programación do Apego para esta primavera en Pontevedra! Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Para anular ou modificar a solicitude: normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.

Programa de actividades

Martes 11 de abril
MONICREQUES DE DEDOS, con Babaluva
Para familias con crianzas de 2 a 6 anos
Obradoiro para crear monicreques de dedos e experimentar maneiras de contar historias.
— De 17.30 a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 14 de abril
ESTE QUEIXO QUEIXOLÁN, con Pavís Pavós
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Sesión de contos, cancións, arrolos e xogos recuperados da tradición oral, para enriquecer a crianza con recursos lúdicos.
— Primeira sesión: de 17 a 17.35 h na Cova dos Libros Fantásticos
— Segunda sesión: de 18 a 18.35 h na Cova dos Libros Fantásticos

Luns 24 de abril
ARROLAR, con Fundación Legar
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Sesión para aprender arrolos, nanas ou cantigas de berce como instrumento de relaxación e de creación de espazos de calma.
— De 17.30 a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 12 de maio
ARROLOS DE SALITRE, con Faia Díaz e Guillerme Fernández
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Sesión para aprender melodías tradicionais coas que arrolar os bebés, transmitíndolles apego, lingua e música.
— Primeira sesión: de 17 a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos
— Segunda sesión: de 18.30 a 19.30 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 2 de xuño
O GAITEIRO VERDE, con Fundación Legar
Para familias con crianzas a partir de 5 anos
Obradoiro de creación e experimentación con instrumentos ancestrais feitos con materias primas naturais.
— De 17.30 ás 19.30 h na Cova dos Libros Fantásticos

Sábado 17 de xuño
CIANOTIPIA, con Alouette Machine
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Obradoiro de cianotipia para nomear e fotografar sen cámara as plantas da contorna.
— Primeira sesión: de 10.45 a 12 h na Illa do Covo
— Segunda sesión: de 12.15 a 13.30 h na Illa do Covo

Venres 23 de xuño
A CULTURA MUSICAL DO NOSO MAR, con Fundación Legar
Para familias con crianzas de 0 a 6 anos
Representación didáctica da nosa música de raíz, desde os instrumentos primixenios ata os actuais.
— De 19 a 20.30 h nos xardíns do Doutor Marescot

Mércores 28 de xuño
PARA CANTAR E BAILAR, con Luís Prego e Samuel Soto
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Obradoiro para aprender cantigas, danzas sinxelas e xogos cantados e bailados; para experimentar os primeiros pasos do baile tradicional e practicar diversas melodías e ritmos.
— De 19 a 20 h nos xardíns do Doutor Marescot

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra

Formulario de inscrición

"*" indica os campos obrigatorios

Estades inscritos/as no programa Apego en Pontevedra?*
Nome do/s adulto/s que ides asistir (máximo dous)
(podedes aclarar o que queirades no cadro de observacións)
Datos das crianzas
Nome (ou nome previsto)
Data de nacemento (ou data prevista)
 
Enderezo electrónico*
Enderezo postal

Indica as actividades por orde de preferencia

No caso de non querer asistir a todas as propostas, podes deixalas en branco.
Política de Privacidade*

Aviso importante

Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 863 157
Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.