Xa está lista a programación do Apego para este outono en Pontevedra! Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Podes anular ou modificar a solicitude escribindo a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu.
Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.
Mércores 25 de setembro PRENDE NO COLO, con Luís Prego e Samuel Soto Para familias con crianzas de 0 a 3 anos Sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos. — Primeira sesión: de 17.15 a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos — Segunda sesión: de 18.30 a 19.15 h na Cova dos Libros Fantásticos
Mércores 16 de outubro O POZO DO ENCANTO, con Lydia Botana e Fabaloba Para familias con crianzas de 3 a 6 anos Sesión de narración oral acompañada de música e kamishibai (teatro de papel xaponés). Con rimas, cancións e mostra de recursos para a crianza en galego. — De 17.30 a 18.20 h no Pazo da Cultura
Venres 18 de outubro TRALARÁ, CONTOS, OBXECTOS E MÚSICA, con Marta Ortiz Para familias con crianzas de 0 a 3 anos Sesión de contos co ritmo no corpo, con cantos e refráns, retrousos e rimas, contos versados e xogos de palabras. — Primeira sesión: de 17.30 a 18.10 h na Cova dos Libros Fantásticos — Segunda sesión: de 18.30 a 19.10 h na Cova dos Libros Fantásticos
Mércores 23 de outubro O CUCO, VEU POR ACÁ E MARCHOU POR ALÁ, con Percubebés Para familias con crianzas de 0 a 3 anos Obradoiro musical para descubrir pequenas cantigas infantís e experimentar con diversos instrumentos de percusión da man de Marcelo Dobode e Beatriz Martínez. — Primeira sesión: de 17.30 a 18.15 h no Pazo da Cultura — Segunda sesión: de 18.30 a 19.15 h no Pazo da Cultura
Mércores 6 de novembro COMERÁ O BEBÉ?!, con Cris de Caldas e Xabi do Camiño Para familias con crianzas de 0 a 3 anos Sesión de contos, poemas, xogos de mans e música da nosa tradición oral atravesados polo fío condutor da comida. — Primeira sesión: de 17.30 a 18 h no Pazo da Cultura — Segunda sesión: de 18.30 a 19 h no Pazo da Cultura
Venres 15 de novembro CAFÉ DOROTHÉ, con Sonsoles Penadique Para familias con crianzas de 2 a 6 anos Obradoiro musical para cantar, bailar, xogar e aprendermos sobre as lindas cancións da nosa tradición recollidas pola musicóloga Dorothé Schubart durante as súas viaxes polas aldeas galegas. — De 17.30 a 18.20 h na Cova dos Libros Fantásticos
Venres 22 de novembro A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO, con Pedras de Papel Para familias con crianzas de 3 a 6 anos Obradoiro creativo que axunta narración oral e arte plástica a través da creación de personaxes de conto con pasta de papel reciclada. — De 17.30 a 18.30 h na Cova dos Libros Fantásticos
Venres 29 de novembro PELICA DE BURRA, con Vero Rilo e Luís Iglesias Para familias con crianzas de 0 a 3 anos Obradoiro de narración oral e música para aprender xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto! — Primeira sesión: de 17.30 a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos — Segunda sesión: de 18.30 a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
Funcional
Sempre activo
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.