Todas as actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Para anular ou modificar a solicitude podes escribir a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu.
Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.
Programa de actividades
Venres 6 de febreiro
Arrolar e bailar, coa Fundación Legar
Para familias con crianzas de 15 meses a 3 anos
Obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequenas da casa e as persoas adultas a través do canto. As familias aprenderán a usar arrolos e cantigas de berce como instrumento de relaxación, e algúns bailes de roda cos que gozar en familia.
— De 17 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos
Venres 6 de febreiro
Arrolar, coa Fundación Legar
Para familias con crianzas de 0 a 15 meses
Obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequenas da casa e as persoas adultas a través do canto. As familias aprenderán a usar arrolos e cantigas de berce como instrumento de relaxación e creación de espazos de calma.
— De 18.30 h a 19.30 h na Cova dos Libros Fantásticos
Sábado 7 de febreiro
Xogos de mesa para a infancia, con Brazolinda
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
O xogo é unha ferramenta fundamental para aprender, socializar, imitar a realidade e desenvolver a creatividade, a intelixencia e as competencias lingüísticas. A creadora de Brazolinda falaranos da importancia do xogo, presentará os xogos artesanais que desenvolve e ensinaranos como aproveitalos en familia.
— De 11 h a 13 h no Pazo da Cultura
Venres 13 de febreiro
Momento musical para bebés, con Lydia Botana
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Sesión participativa para coñecer algúns instrumentos, sons, contos, movementos ou cancións con xesto. As familias achegaranse a distintos estímulos sonoros e aprenderán a cantar distintas cancións nesta experiencia musical compartida cos seus bebés.
— De 17 h a 17.30 h na Cova dos Libros Fantásticos
— De 18 h a 18.30 h na Cova dos Libros Fantásticos
Venres 27 de febreiro
Meco e Sono, con Xarope Tulú e Xiana Arias
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Sesión de contos, música e teatro que mostra técnicas e arrolos para aloumiñar as crianzas a través da historia de Fedello, un bebé que non dorme pola noite e que grazas á axuda de Meco e Sono consegue acougar e descansar profundamente.
— De 17.30 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos
— De 18.30 h a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos
Sábado 28 de febreiro
A galiña dos ovos de conto, con Pedras de Papel
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Obradoiro creativo que axunta narración oral e arte plástica. Logo de escoitar a narración da vida da galiña Rosiña, a rapazada elaborará personaxes de conto con pasta de papel reciclada e inventará a súa propia historia.
— De 11.30 h a 12.45 h no Pazo da Cultura
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Teléfono: 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
snl.pontevedra.gal
instagram.com/lingua_pontevedra
facebook.com/apego.gal
apego.gal