Actividades do programa Apego na primavera

BANNER APEGO PRIMAVERA 2026

O obxectivo das actividades do Apego é proporcionarvos ás familias recursos e ferramentas para arroupar a crianza en galego, así como crear espazos onde tecer redes na nosa lingua. Contamos con vós para que o galego sexa a lingua de socialización neste ciclo de actividades!

Todas as actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Para anular ou modificar a solicitude podes escribir a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu.

Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.

O prazo de inscrición en cada actividade permanecerá aberto ata o propio día da súa realización ás 13 h.

Programa de actividades

Venres 10 de abril
Unha area de sal, con María e Carme da Pontragha
Para familias con crianzas a partir de 3 anos
Sesión de contos, cantos, música e baile para achegar as crianzas á herdanza que deixaron nais, avoas, tataravoas e todas as mulleres transmisoras da nosa tradición oral e popular.
— De 17.15 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos
— De 18.30 h a 19.15 h
 na Cova dos Libros Fantásticos

Mércores 15 de abril
Música na pel, con Alma Blanco
Para familias con crianzas a partir de 2 meses (que aínda non se despracen)
Sesión para aprender unha rutina de masaxe equilibrada acompañada de arrolos, cancións tradicionais e xogos de tacto con base nos principios da Music Learning Theory de E. Gordon.
— De 17.30 h a 18.30 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 17 de abril
Danzando na primavera, con Laura Martínez Rey
Para familias con crianzas a partir de 1 ano
Sesión que conecta lingua, corpo e movemento para explorar en familia os elementos propios da primavera a través da música.
— De 17.15 h a 18.05 h na Cova dos Libros Fantásticos
— De 18.30 h a 19.20 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 24 de abril
O son que me arrola, coa Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Proposta de estimulación sonora para achegar as familias á música, e explorar a nosa cultura da man de cantos de berce, lerias, enredos e instrumentación.
— De 17 h a 18 h no Pazo da Cultura
— De 18.30 h a 19.30 h no Pazo da Cultura

Venres 8 de maio
Cantacontos para bebés, con Pablo Díaz
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Viaxe a través dos contos coa música como fío condutor e con temas adaptados para as crianzas máis pequenas. As familias axudarán a entoar melodías e retrousos.
— De 17.30 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos
— De 18.30 h a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos

Sábado 9 de maio
Superpoderes das aves, con Alouette Machine
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Obradoiro para coñecer o funcionamento dunha imprenta tipográfica e achegármonos ao marabilloso mundo das aves que nos rodean. Ao tempo que xogamos coas palabras, poñemos en valor o noso patrimonio medioambiental e desenvolvemos a nosa creatividade compoñendo e imprimindo carteis e postais.
De 11 h a 12 h nos xardíns do Doutor Marescot
— De 12.15 h a 13.15 h nos xardíns do Doutor Marescot

Xoves 14 de maio
A verbateca, con Mekané
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Obradoiro centrado no vocabulario cotián, que combina distintos xogos e probas para conseguir un tesouro de palabras fermosas. Ademais de enriquecer o noso vocabulario, traballaranse mediante o xogo aspectos como a memoria, a observación ou a coordinación.
De 18 h a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 22 de maio
Peixe valente, con Sonsoles Penadique e Andrés Martínez
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Actividade que combina música, poesía, narración e movemento para acompañar a historia dun peixiño valente que persegue o seu soño. Recitaremos, contaremos, cantaremos e xogaremos cun movemento natural e fluído como o do caudal do río.
— De 17.30 h a 18 h na Cova dos Libros
— De 18.30 h a 19 h na Cova dos Libros

Sábado 23 de maio
Ioga en familia, con Myriam Viéitez e Daniel Galiñanes
Para familias con crianzas de 2 a 4 anos
Unha práctica lúdica de ioga en familia coa que establecer conexión a través do movemento, a respiración e o contacto, e coa que aprendemos a nomear as partes do noso corpo.
— De 10.30 h a 11.30 h na illa do Covo

Sábado 23 de maio
Ioga en familia, con Myriam Viéitez e Daniel Galiñanes
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Unha práctica lúdica de ioga en familia coa que establecer conexión a través do movemento, a respiración e o contacto, e coa que aprendemos a nomear as partes do noso corpo.
— De 12.15 h a 13.15 h na illa do Covo

Venres 5 de xuño
Fíos do querer, con Cé Orquestra Pantasma
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos
Obradoiro musical para xogar, cantar, bailar e explorar obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.
— De 18.30 h a 19.30 h nos xardíns do Doutor Marescot

Martes 9 de xuño
Foliada con Apego, con Pablo Díaz e Olga Kirk
Para familias con crianzas de 0 a 6 anos
Encontro participativo cheo de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións e, sobre todo, pasalo ben. Quen teña instrumentos tradicionais de percusión na casa pode traelos para axudar a facer a festa.
— De 18.30 h a 19.30 h nos xardíns do Doutor Marescot

As actividades relacionadas cos oficios que podes ver no cartel teñen formulario de inscrición de seu.

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Teléfono: 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
snl.pontevedra.gal
instagram.com/lingua_pontevedra
facebook.com/apego.gal
apego.gal

Formulario de inscrición

"*" Indica os campos obrigatorios

Estades inscritos/as no programa Apego en Pontevedra?*
Nome das persoas adultas*
Nome das crianzas*
Data/s de nacemento (ou data prevista)*
Enderezo electrónico*
Enderezo

Indica as actividades por orde de preferencia

No caso de non querer asistir a todas as propostas, podes deixalas en branco.
Política de Privacidade*

Aviso importante

Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 863 157