Este programa do Concello de Pontevedra é unha iniciativa de educación viaria centrada na mobilidade e no recoñecemento do espazo público como unha contorna amable onde a circulación establece unha xerarquía nos desprazamentos que sitúa as persoas no centro.
A autonomía da rapazada depende das decisións dos adultos a cargo do seu coidado, polo que faise necesario que as familias se integren neste proceso. Proponse, por tanto, unha actividade familiar onde maiores e cativos/as traballen arredor da autonomía nunha sesión con carácter lúdico onde se poida reflexionar conxuntamente nun exercicio colaborativo onde uns aprendan dos outros. A actividade, de carácter interxeracional, motivará que os/as participantes aborden o tema da autonomía de xeito práctico.
Descrición da actividade
Faranse, por unha banda, equipos de participantes a partir de cuarto de primaria, e por outra, de persoas adultas, que percorrerán a cidade para superar unha serie de probas. Durante o paseo irán facendo diferentes achados ao tempo que a rapazada experimenta o desprazamento autónomo. A actividade estará supervisada por un equipo de persoas que, de maneira infiltrada, estarán atentas ás familias participantes.
Data: 9 de maio de 11:30 a 13:30h
PRAZAS LIMITADAS: Unha vez recibida a vosa inscrición poñerémonos en contacto convosco para confirmar as vosas prazas, se non recibides este correo pasaredes a formar parte da seguinte quenda.
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Teléfono: 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
snl.pontevedra.gal
instagram.com/lingua_pontevedra
facebook.com/apego.gal
apego.gal
Formulario de inscrición
"*" Indica os campos obrigatorios