ACHEGAMENTO ÁS AVES E ROTEIRO POLO LÉREZ (16-30 anos)

Proposta lúdica e formativa ao redor de espazos naturais próximos á cidade: A Xunqueira de Alba e o río Lérez, ENIL e ZEC da Rede Natura. Coñeceremos máis sobre as aves (fisioloxía, migracións, orixe…) e aprenderemos o manexo de materiais que nos poden axudar a identificalas. Observaremos aves, aprenderemos máis sobre a nosa flora e fauna, identificaremos invertebrados acuáticos, pegadas, restos…

PREFERENCIA: residentes no Concello de Pontevedra

IDADES: 16-30 anos (nacemento entre 1990 e 2004)

DATAS: 29,30 e 31 de xullo

HORARIO: 11:00-13:30

LUGAR: sesión inicial no Pazo da Cultura

PRAZAS: 9

SOLICITUDES: a partir do 26 de xuño (ata cubrir nº máximo de solicitudes) en https://apuntate.pontevedra.gal

Tras cada solicitude, avisarase ás persoas admitidas para que formalicen inscrición coa achega de documentación (consentimento informado e fotocopia DNI participante).

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZA: non primará a orde de solicitude, a organización procurará, na medida do posible, que cada neno ou nena, mozo ou moza, cando menos participe nalgunha das actividades que solicitou. De chegar o caso, e como último recurso, realizarase un sorteo.

AVISO IMPORTANTE: programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións así como a súa suspensión debido á situación sanitaria actual.

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 9 a 14h)

Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar, 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.

  • Datos persoais

  • Nados entre 2004-1990 inclusive
    A Oficina de Xuventude comprobará que a persoa participante está inscrita no Padrón de habitantes do Concello de Pontevedra
  • Aviso importante
    Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
    Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 840367 ou a xuventude@pontevedra.gal