A PROCURA DO TESOURO. GEOCACHING EN FAMILIA

Un smartphone é todo o que se precisa para practicar para practicar o Geocaching, a versión dixitalmente asistida do clásico xogo da procura do tesouro. Unha actividade orixinal que combina tecnoloxía, a actividade física e a capacidade de traballo en equipo ideal para practicar en familia.

Persoas de todo o mundo agochan cachés e comparten as súas localizacións na internet, permitíndolle a outros buscadores e buscadoras vivir a aventura de atopalos. Así pois, a idea é a de desfrutar da natureza, fomentar o sendeirismo e o respecto polo medio natural ao tempo que serve para coñecer o parque forestal.

Unha vez atopado un caché, todo o que se lle pide as persoas participantes é que asinen conforme o atoparon e o deixen onde estaba.

Como iniciarse no geocaching

No mesmo día da actividade, antes de comezar a buscar, haberá unha breve explicación por parte do monitorado de como rexistrarse na páxina de geocaching e descargar a aplicación c:geo. Unha vez feito isto xa se poderá empezar a buscar os cachés.

  • Data: domingo 8 de xuño
  • Lugar: O Pontillón do Castro
  • Punto de encontro: Enlace ao punto de encontro
  • Horario: de 10.00 a 13.00 h
  • Duración da actividade: 3 horas
  • Actividade: familiar
  • Idades: adultos e cativada a partir de 6 anos
  • Prazas: 25 persoas
  • Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
  • Material: Smartphone con batería cargada, lapis ou bolígrafo para asinar, roupa adecuada en función do clima e o terreo e ganas de pasalo ben en familia.

Recomendacións:

  • Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
  • Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra neno ou nena interesada.

Solicitude de participación