OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON ELEMENTOS NATURAIS
Ao longo deste obradoiro procederemos a construír os nosos instrumentos musicais a partir de materiais naturais como canas, follas, etc. (e analizaremos o xeito de facelos con produtos máis actuais ao alcance de calquera)… tal e como se facían non hai moitos anos e que van desaparecendo co paso do tempo
- Data: domingo 25 de maio
- Lugar: O Pontillón do Castro
- Punto de encontro: https://www.google.com/maps/place/42%C2%B029’48.8%22N+8%C2%B037’02.2%22W/@42.496879,-8.617288,17z/data=!3m1!4b1!4m4!3m3!8m2!3d42.496879!4d-8.617288
- Horario: de 17.00 a 19.00 h
- Duración da actividade: 2 horas
- Actividade: familiar
- Idades: adultos e cativada a partir de 5 anos
- Prazas: 20 persoas
- Imparte: Corticata
- Recomendación: roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, auga, comida ou merenda se o precisa.
- Preinscrición: a través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.
- Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.