A MÚSICA DA NATUREZA. OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON ELEMENTOS NATURAIS

Ao longo deste obradoiro procederemos a construír os nosos instrumentos musicais a partir de materiais naturais como canas, follas, etc. (e analizaremos o xeito de facelos con produtos máis actuais ao alcance de calquera)… tal e como se facían non hai moitos anos e que van desaparecendo co paso do tempo

Data: Sábado 20 de xuño
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/d7cQfhBELzRwh6nU9
Horario: de 17.00 a 19.00 h
Duración da actividade: 2 horas
Actividade: familiar
Idades: adultos e cativada a partir de 5 anos
Prazas: 20 persoas
Imparte: Corticata

Recomendación

Roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, auga, comida ou merenda se o precisa.

Preinscrición

A través dos formularios online o luns anterior ao desenvolvemento cada actividade por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.

Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia; se finalmente non puidese asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

Formulario de inscrición

"*" Indica os campos obrigatorios

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Persoa de contacto*
Nome e idade dos participantes*
Nome completo
Idade
 
Confirmar data*
Autorización*
Dou o meu consentimento para a gravación de imaxes de vídeo e para a toma de fotografías durante o transcurso da actividade. Estas imaxes serán utilizadas para a difusión da actividade e poderán ser cedidas a medios de comunicación expresamente autorizados co único fin de dar a coñecer dita actividade.
Política de Privacidade*
AVISO IMPORTANTE
Esta é unha solicitude de participación. Porémonos en contacto con vostede para confirmar a súa reserva.