Escenarios da Lingua

Obradoiro de teatro para estudantes de 14 a 17 anos

Que é?
Escenarios da Lingua é un obradoiro de teatro que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre o estudantado de 14 a 17 anos.

Cando e onde?
Os ensaios realizaranse os martes no Pazo da Cultura, de 18.00 a 19.30 h. A data prevista para o comezo da actividade é o martes 24 de novembro e terá continuidade desde o vindeiro ano para conectar o obradoiro coa entrega dos premios Ben Veñas, Maio.

Cantas prazas hai?
O grupo é de 12 persoas como máximo. Cando recibamos a túa inscrición, poñerémonos en contacto contigo para indicarche se tes praza.

Quen o imparte?
LaGriot’te, compañía de teatro galego-andaluza nacida en Londres e formada por Nazan L. Bamio (produtor e director de escena) e Sandra Gade (actriz e directora de movemento). Xuntos desenvolven proxectos de produción teatral, ensino, pedagoxía e creación artística.

Como me inscribo?
Neste formulario

Máis información
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Teléfono: 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

Inscrición

"*" Indica os campos obrigatorios

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Nome e apelidos*
Política de privacidade*

Información básica sobre protección de datos

Os datos de carácter persoal proporcionados para a solicitude de praza no obradoiro de teatro Escenarios da Lingua serán tratados e custodiados polo Concello de Pontevedra de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, unicamente para os fins deste obradoiro.
Responsable: Concello de Pontevedra (NIF P3603800H) · Servizo de Normalización Lingüística. Rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra · registro@pontevedra.eu · 986 804 300.
Delegado de protección de datos: dpd@pontevedra.eu.
Finalidade: xestionar a inscrición e a participación no obradoiro: asignación das prazas e avisos sobre a actividade (actividade de tratamento «Normalización lingüística»).
Lexitimación: cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (art. 6.1.e RGPD), conforme á Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.
Destinatarios: non se ceden datos a terceiros, salvo obriga legal.
Conservación: durante o tempo estritamente necesario para esta finalidade, salvo obriga legal de conservación e conforme á normativa de arquivos.
Dereitos: acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, a través de dpd@pontevedra.eu (dereitos sobre protección de datos). Tamén podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Máis información: Información sobre protección de datos, Protección de datos e seguridade da información e Rexistro de actividades de tratamento na sede electrónica do Concello.