Feroz 2027: Proxección ‘O Corno’ + coloquio posterior con Jaione Camborda

Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

Data: Venres 20 de novembro
Hora:

  • 19:00 Proxección

Lugar: Facultade de Comunicación (A, P.º Xunqueira, S/N – Campus Universitario de Pontevedra)
Convidados: Jaione Camborda, directora e guionista.
Modera: Teresa Cuíñas, xornalista.

Duración: 99 min

Película directa e honesta, sen maniqueísmos, que se converte nun sutil alegato a prol do dereito da muller a decidir sobre o seu propio corpo. Unha conmovedora historia de supervivencia que logrou a Concha de Ouro (Mellor película) no Festival de San Sebastián 2023 e foi nominada ao Feroz Arrebato de ficción (Premio Especial) e ao mellor cartel.

Formulario de inscrición

"*" Indica os campos obrigatorios

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Nombre y apellidos*
Política de Privacidad*