A interpretación e o baile nunha contorna de sororidade, coidado e escoita . A través da ficción dramática e da expresión corporal, atoparás a túa propia voz, potenciarás a autoestima e colaborarás a tecer unha rede de apoio onde o xogo substitúe ao xuízo. Unha proposta transformadora que utiliza as artes escénicas como ferramenta de apoderamento.
IDADES: preferencia 15-35 anos. As persoas interesadas maiores desta idade poden facer a solicitude igualmente e accederán no caso de quedaren prazas vacantes.
HORARIO: 10.00-14.00
DATAS:
sábados 14, 21 novembro, 5 e 12 decembro 2026
IMPARTE:
Sandra Gade. Compañía galego-andaluza LaGriot´te
https://www.lagriotte.es
MÁIS INFORMACIÓN:
Oficina de Xuventude
Casa da Luz. Pza da Verdura s/n, 1º
986 100 185 ext. 7491 e 7492 xuventude@pontevedra.gal
@xuventude