Feroz 2027: Proxección da T1 de ‘Cardo’ + coloquio posterior con Ana Rujas e Claudia Costafreda

Data: Sábado 31 de outubro
Hora:

  • 18:00 Proxección
  • 20:30 Coloquio

Lugar: Facultade de Comunicación (A, P.º Xunqueira, S/N – Campus Universitario de Pontevedra)
Convidados: Ana Rujas (cocreadora da serie e actriz protagonista) e Claudia Costafreda (cocreadora da serie)

A serie reflexiona sobre as expectativas que se nos impoñen segundo o que somos fisicamente, segundo o que somos socialmente e o baleiro de toda unha xeración que rolda os 30 anos. Como enchemos ese baleiro a través de consumismo e praceres efémeros sen afondar no que realmente nos pasa nin en quen realmente somos. Nos Feroz 2022 fixose con dous premios -Mellor serie dramática e Mellor actriz protagonista (Ana Rujas)- dos tres aos que optaba.

Duración: 150 min (6 capítulos)

‘Cardo’ narra a historia de María, á beira dos 30 anos sen moito que ofrecer ao mundo, enganchada ás drogas e a desenvolverse a través de relacións tóxicas e sexuais. Por fóra desborda beleza, pero por dentro séntese un cardo… odia o seu corpo, á vez que o utiliza para conseguir retos efémeros. Ante tal sensación de baleiro, intenta tomar o rumbo da súa vida e proponse axudar a Puri, cuxa floraría de barrio está a punto de ser pechada. Tras un humillante encontro coa súa última parella, un accidente cambiará a súa vida e obrigarala a afrontar algunhas verdades incómodas.

Formulario de inscrición

O formulario abrirase 7 días antes do evento.