
Data: Domingo 25 de outubro
Hora:
- 18:00 Proxección
- 20:40 Coloquio
Lugar: Facultade de Comunicación (A, P.º Xunqueira, S/N – Campus Universitario de Pontevedra)
Convidados: Coria Castillo, actriz protagonista
‘Fácil’ foi nominada a tres Premios Feroz en 2022: Mellor serie de comedia, Mellor actriz de reparto (Coria Castillo) e Mellor guión (Anna R. Costa e Cristina Pons, adaptando a novela ‘Lectura fácil’ de Cristina Morales). Xunto a Coria o resto de protagonistas son Natalia de Molina, Anna Castillo e Anna Marchessi.
Duración: 160 min (5 capítulos)
Amosa con mestría e humor como catro mulleres con diversidade funcional conviven en Barcelona e se resisten a cumprir co que se espera delas: despois de moitos anos vivindo en distintos centros, Marga, Nati, Patri e Àngels pasan a un piso tutelado e tratan de atopar o que son nun mundo que xa decidiu o que son sen contar con elas.
Formulario de inscrición
O formulario abrirase 7 días antes do evento.