Feroz 2027: Proxección da T1 de ‘Autodefensa’ + coloquio posterior con Berta Prieto

Data: Venres 16 de outubro
Hora:

  • 18:00 Proxección
  • 20:40 Coloquio

Lugar: Facultade de Comunicación (A, P.º Xunqueira, S/N – Campus Universitario de Pontevedra)
Convidados: Berta Prieto, creadora, guionista e actriz da serie

A punto de estrear o seu novo traballo (‘Segunda temporada’), Berta Prieto presentaranos ‘Autodefensa’, unha serie orixinal de Filmin que creou (e protagonizou) cos seus colaboradores habituais Belén Barenys e Miguel Ángel Blanca. Nos Feroz 2023, os tres estiveron nominados a Mellor guión dunha serie e a Mellor serie de comedia.

Duración: 160 min (10 capítulos)

‘Autodefensa’ vai de dúas amigas que fan o que lles dá a gana sen ter que pedir permiso a ninguén. Vai de ter vinte e tantos, vivir en Barcelona e querer pisar todas as liñas vermellas emocionais posíbeis para descubrir quen es realmente. Vai das aventuras de dúas tolas descaradas que non queren que ninguén lles diga como facer as cousas, e que crearon o seu propio mundo para ser as raíñas. E, no fondo, son só dúas mozas que están moi asustadas e que se divirten en defensa propia.

Formulario de inscrición

"*" Indica os campos obrigatorios

Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Nombre y apellidos*
Política de Privacidad*