(9-15 anos)
Achegamento a esta actividade deportiva e recreativa onde aprenderedes a técnica elemental por medio de xogos, natación e nocións teóricas de seguridade.
PRAZAS: 10
IDADES: 9-15 anos (nac 2011-2017)
DATAS: 17, 22, 24, 29 e 31 xullo
HORARIO: 11.00-13.00
LUGAR: praia fluvial da Xunqueira en Ponte Sampaio
IMPARTE: club de piragüismo Río Verdugo
REQUISITO: imprescindible saber nadar
AVISO: o desprazamento ata o lugar da actividade correrá por conta de cada participante.
PRE_INSCRICIÓN: Cando se esgote o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario pecharase e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición ou para o sorteo de prazas (no caso de ser necesario). Posteriormente xestionarase a lista de agarda de cada actividade
INSCRICIÓN: persoas admitidas e que entreguen a documentación que lle foi requirida. Terán un prazo de entrega tras o cal se confirmará a praza ou ben se perderá e pasaría á lista de agarda.
ACTIVIDADES DE BALDE: todas as actividades son GRATUITAS polo que pedimos o voso compromiso coa asistencia.
AVISO: no caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (preferencia concellos limítrofes) polo que realiza igualmente a túa pre-inscrición
INFORMACIÓN E SOLICITUDES: Oficina de Xuventude -Concello de Pontevedra ATENCIÓN PRESENCIAL: de luns a venres de 9.00 a 14.00 Casa da Luz pza da Verdura, s/n 1º andar tel. 986 100 185 ext.7491 e 7492 xuventude@pontevedra.gal