Concurso de fotografía

O Concello de Pontevedra desde a súa Área de Promoción Económica convoca a I edición do concurso de fotografía A cidade en imaxes. A xogar!

O tema proposto é como as nenas e os nenos viven o espazo da cidade de Pontevedra, coa intención de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía dos nenos na nosa cidade.

As obras serán valoradas atendendo a tres criterios principais: o estético, o técnico e o documental, téndose en conta especialmente aquelas onde a espontaneidade das situación retratadas reflicta a naturalidade infantil.

A fin desta convocatoria é a obtención de imaxes de calidade que representen a cidade como terreo de xogo.

As fotografías gañadoras na presente convocatoria serán expostas na rúa en gran formato.  Entre todas as participantes, sempre que os seus autores dean o seu consentimento, podería facerse unha escolla para incluír nunha publicación impresa do Concello de Pontevedra cun deseño orientado á promoción turística da cidade de Pontevedra.

BASES DO CONCURSO:

Prazo de presentación de fotografías: A recepción de propostas comezará o día 14 de marzo de 2019 ás 12.00 h. e se pechará o día 22 de abril ás 23.59 h.

Requisitos dos participantes:

Poderá participar toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada á fotografía.

Os participantes responderán ante o Concello de Pontevedra da autoría e orixinalidade dos traballos presentados. As fotografías deben ser propiedade dos participantes e manter no momento do seu uso para o concurso todos os dereitos de distribución dos mesmos.

Os participantes se responsabilizarán totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe, deixando por tanto ao Concello indemne fronte a calquera reclamación que, neste sentido, puideran efectuar terceiras persoas, incluso as derivadas dun incumprimento da lexislación sobre honra, intimidade, inxurias e calumnias, dereitos de imaxe ou de expresións que puidesen ser consideradas difamatorias u obscenas.

Non se aceptarán fotografías que foran premiadas con anterioridade noutros concursos.

Non se poderá engadir, modificar, eliminar, distorsionar nin editar persoas nin obxectos da fotografía.

O número máximo de fotografías a presentar por cada participante será de dúas.

Presentación das fotografías:

O envío da fotografía farase exclusivamente en formato dixital a través do formulario que atoparás ao final destas bases.

É imprescindible que xunto cos datos do participante apareza identificada a localización onde se tomou a fotografía e o consentimento para a súa reprodución.

Os datos facilitados deberán ser veraces e non se poderá concursar con pseudónimo.

Requisitos das fotografías:

  • As fotografías enviaranse en jpg.
  • As fotografías non poderán levar bordes de foto, marcas de auga nin sinaturas.
  • Admitiranse fotos en cor ou branco e negro.
  • O perfil de cor preferente para as fotografías será Adobe RGB 1998.
  • O formato das fotografías na fase inicial será de 1535 pixeles polo lado máis curto e unha resolución de 300 ppp.
  • A imaxe non pode superar os 10MB nesta fase inicial.

Se existe algún problema durante o proceso de envío, o mail de contacto é: webmaster@pontevedra.gal

Selección do xurado:

O xurado estará formado por especialistas do eido da fotografía e a creación artística. Establécese que os membros deste xurado non coñecerán os datos dos autores das fotografías con anterioridade a emitir o seu voto e decisión final.

O xurado valorará o enfoque do tema proposto e a calidade técnica e artística das fotografías presentadas. A resolución do xurado será inapelable. De entre todas as propostas recibidas que compran os requisitos esixidos polas presentes bases, seleccionarán 10  finalistas das que sairán a gañadora e dous accésits.

O resultado da deliberación do xurado publicarase na web do Concello de Pontevedra: www.pontevedra.gal e nas súas redes sociais.

Entrega de premios, exposición e publicación das fotografías:

Haberá unha fotografía gañadora e dous accésits entre as 10 fotografías seleccionadas que serán expostas nunha mostra na rúa.

O nome completo dos autores seleccionados polo xurado publicarase na web do Concello de Pontevedra e nas súas redes sociais antes do 6 de maio de 2019.

A fotografía gañadora será premiada con 800€ que abonará a entidade organizadora do concurso a través de transferencia bancaria. Calquera gasto derivado dun cambio de divisa na transferencia será deducido da cantidade do premio.

Entre todas as fotografías presentadas poderán seleccionarse un número a determinar para incluír na publicación impresa do Concello de Pontevedra.

As fotografías serán sempre identificadas co nome do autor.

Para a mostra na rúa, a organización do concurso contactará cos autores das fotografías seleccionadas para solicitar o envío das mesmas en alta resolución.

Fiscalidade:

Ao premio do presente concurso aplicaraselle a lexislación fiscal española.

Calquera obligación tributaria que se derivase do premio para o gañador, será por conta deste e da súa exclusiva responsabilidade, calquera que sexa a xurisdicción na que resulte aplicable. Os premiados quedan obrigados a cumprir as obrigacións fiscais que resulten aplicables na súa xurisdicción de residencia. En consecuencia, o premiado ao aceptar as presentes bases legais queda informado das consecuencias tributarias de todo tipo que puideran derivarse da obtención do premio sen que o Concello de Pontevedra nin a entidade pagadora asuman responsabilidade algunha por dita causa.

Dereitos de autor:

Os premiados autorizan ao Concello de Pontevedra á publicación, reprodución ou distribución, total ou parcial, das obras presentadas con renuncia expresa a calquera tipo de reclamación e nos termos esixidos no Real decreto lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de propiedade intelectual. Os dereitos adquiridos polo Concello de Pontevedra non alcanzarán, en ningún suposto, a transmisión dos dereitos da propiedade intelectual. Só é unha cesión das fotografías seleccionadas para a súa publicación, reprodución e/ou distribución, a través de calquera soporte que o permita, no marco do interese público e finalidade institucional de divulgación cultural para alcanzar os obxectivos da organización desta actividade municipal. De maneira que todos os participantes manterán os dereitos de autor sobre as súas fotografías, e os créditos se lle atribuirán a cada un sempre que o Concello de Pontevedra as exhiba.

Aceptación das bases:

A participación neste concurso suporá a aceptación das presentes bases.

O incumprimento dalgún apartado das mesmas dará lugar á exclusión automática do participante.

Calquera aspecto non recollido nas bases queda baixo criterio da organización.

A organización do concurso poderá descartar aquelas fotografías que non reúnan os requisitos fixados nestas bases e que non teñan un mínimo imprescindible de calidade.

Formulario de inscrición