cabeceira Apuntate, cor branco

Apego – Oficios e saberes

banner Apego artes e oficios 2024

O mundo dos oficios tradicionais galegos e o artesanado será o fío condutor dunha serie de actividades guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine, que arrancan na primavera no marco do programa Apego e se van desenvolver ao longo do ano en distintas parroquias e localizacións do concello de Pontevedra.

Trátase de actividades de hora e media de duración, que constan dunha pequena explicación de carácter antropolóxico, un contacontos, un obradoiro de debuxo guiado e un obradoiro de artesanía. Todo con acompañamento musical de Marcelo Dobode.

As xornadas están pensadas e adaptadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía da cultura propia dunha maneira interxeracional e lúdica, a través dos oficios e saberes populares.

Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente porque as prazas son limitadas.

Para anular ou modificar a solicitude: normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.

Programa de actividades

OLEIROS E TELLEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no adro da igrexa de Cerponzóns

COSTUREIRAS E PALILLEIRAS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no mosteiro de Lérez

CESTEIRAS E CESTEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no centro social de Lourizán

CURANDEIRAS E MENCIÑEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h na área de lecer Chan da Parafita (monte da Fracha)

CARPINTEIROS, EBANISTAS E TONELEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no mirador de Monte Porreiro

O resto de actividades do programa Apego desta primavera teñen formulario de inscrición propio

Formulario de inscrición

"*" indica os campos obrigatorios

Estades inscritos/as no programa Apego en Pontevedra?*
Nome do/s adulto/s que ides asistir (máximo dous)
(podedes aclarar o que queirades no cadro de observacións)
Datos das crianzas
Nome (ou nome previsto)
Data de nacemento (ou data prevista)
 
Enderezo electrónico*
Enderezo postal

Indica as actividades por orde de preferencia

No caso de non querer asistir a todas as propostas, podes deixalas en branco.
Política de Privacidade*

Aviso importante

Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación.
Se non recibes confirmación comproba a carpeta de spam ou chámanos ao número 986 863 157
Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.